Friday 03 de May de 2024

O programa “Circularízate!” comeza as súas aulas formativas sobre economía circular


A concelleira de Medioambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, participou na apertura dos obradoiros do programa “Circularízate!” hoxe ás 17:30 h no Fórum Metropolitano. Esta é unha iniciativa que nace con motivo da celebración da Semana Europea para a Prevención de Residuos, realizando actividades que fomenten o hábito da reciclaxe e a reutilización de produtos na vida cotiá.

Neste primeiro encontro aprenderase a aplicar os principios da economía circular á roupa en desuso, tomando conciencia da importancia de reducir a súa acumulación a través da reciclaxe. Na próxima cita, que se levará a cabo mañá, 1 de abril, ás 17:30 h no Centro Sociocultural Ágora, sumarase o mobiliario á temática do obradoiro.